Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Navia de Suarna, parroquia de Queizán

Segundo as últimas estimacións, o lume afectou unha superficie de 18,5 hectáreas, das cales 16 foron de monte raso e as 2,5 restantes de arborado

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello lugués de Navia de Suarna, parroquia de Queizán, está extinguido.

O lume iniciouse ás 16,16 h. de onte e quedou extinguido ás 2,20 h. desta madrugada. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 18,5 hectáreas, das cales 16 foron de monte raso e as 2,5 restantes de arborado. Na súa extinción participaron 1 técnico, 4 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 08/04/2021