A Xunta inicia a exposición pública da modificación do proxecto sectorial da central de transportes de Ponte Caldelas

O obxectivo que se persegue é cambiar o actual uso do solo, permitindo implantacións industriais xenéricas

A modificación estará en información pública durante o prazo dun mes
 

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2021

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda somete a información pública, durante o prazo dun mes, a modificación do proxecto sectorial da Central de Transportes e Centro Intermodal de Ponte Caldelas, segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

O ámbito, cunha superficie total de 86.964 metros cadrados, está situado nunha zona de suaves pendentes no entorno da cidade de Pontevedra. A zona limita ao sur coa ampliación do polígono industrial da Reigosa, do que está separado pola estrada provincial de Reigosa-Pinto e ao oeste co polígono industrial do Campiño.

A modificación puntual en tramitación ten como finalidade principal o cambio da cualificación do uso previsto no proxecto sectorial vixente, pasando de Central de Transportes a usos industriais xenéricos.

Este cambio de uso vén motivado por unha adaptación ás novas demandas nesta área industrial da periferia urbana da cidade de Pontevedra. As actividades industriais propostas son similares ás xa existentes nos polígonos da Reigosa e do Campiño, cos que limita.

A modificación tamén supón alteracións no deseño, que, fundamentalmente, afectan ao trazado dos percorridos peonís e á configuración e dimensións das parcelas privadas.
 

Data de actualización: 08/04/2021