O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa de Ribadavia

O representante do Goberno autonómico analizou coa rexedora do municipio os temas relacionados coa administración autonómica

Ourense, 08 de abril de 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, reuniuse co alcaldesa do concello de Ribadavia, Noelia Rodríguez, coa que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica. O delegado tivo a ocasión de tratar xunto á súa rexedora, temas prioritarios para o seu concello.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 08/04/2021