A Xunta avalía co Clúster da Comunicación de Galicia a situación actual do sector
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2021

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde, en Santiago de Compostela, unha reunión coa directiva do Clúster da Comunicación de Galicia co obxectivo de avaliar a situación actual do sector e escoitar de primeira man as súas propostas.

Conde destacou que o Clúster –que representa a preto de 250 empresas do ámbito do márketing, a creatividade, a publicidade, o deseño, a comunicación, a impresión e a edición– traballa na mellora da competitividade dos seus membros a través da comunicación, a colaboración, a innovación e a internacionalización con proxectos de cooperación de carácter innovador.

Neste sentido, durante a xuntanza, tamén se tratou a candidatura de Galicia aos fondos europeos Next Generation e a importancia da colaboración público-privada, así como da participación das pemes galegas para aproveitar a oportunidade que supoñen.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 08/04/2021