Política Social aposta pola educación non formal para que a xuventude adquira novas habilidades que faciliten o acceso ao mercado laboral

Narón (A Coruña), 10 de abril de 2021

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe a Escola de Tempo Libe Tempus de Narón, na que se está a celebrar un curso de monitor no que están a participar 18 mozas e mozos. Alí destacou a aposta da Consellería de Política Social pola educación non formal para que a xuventude galega adquira novas habilidades que faciliten o acceso ao mercado laboral.

No ano 2020, as Escolas de Tempo Libre de Galicia impartiron 50 cursos de monitor de tempo libre, 8 cursos de director de tempo libre e 1 curso de director de campos de voluntariado. Así mesmo, expedíronse un total de 1015 títulos: 949 de monitores, 58 de directores e 8 de directores de campo.

Data de actualización: 10/04/2021