Luis López mantén unha reunión de traballo co presidente da mesa galega pola caza

Pontevedra, 12 de abril de 2021

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, mantivo esta tarde unha reunión de traballo, no edificio administrativo de Campolongo, co presidente da Mesa Galega pola Caza, Manuel Martínez Casal.

Durante o encontro abordáronse as necesidades deste amplo colectivo de deportistas e as perspectivas de cara a vindeira tempada. Así mesmo, o delegado trasladoulles os seus parabéns pola responsabilidade dos cazadores pontevedreses, xa que a provincia foi unha das poucas de toda España que pechou a recente campaña sen un só accidente.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 12/04/2021