Feijóo visita as empresas afectadas polo incendio do polígono do Ceao e avanza o apoio da Xunta para facilitar a recuperación da súa actividade

Lugo, 12 abril de 2021

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta tarde as empresas afectadas polo incendio de onte no polígono industrial do Ceao para coñecer de primeira man os danos rexistrados e avanzou o apoio da Xunta para facilitar a recuperación da súa actividade.

Nese sentido, sinalou que aínda que agora deberán tomar parte as aseguradoras, a Xunta estará desde este instante á súa disposición, “tanto para asesorar en materia de seguros, como para garantir circulante e préstamos inmediatamente mentres non se executen as pólizas de seguros”.

Durante a visita, o presidente da Xunta tamén tivo verbas de agradecemento para todos os efectivos que participaron no dispositivo de extinción, polo seu labor e rápida actuación na que mesmo chegaron a arriscar as súas vidas. Así como para as administracións implicadas que traballaron con total coordinación “como un único equipo”.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 12/04/2021