A Xunta destaca en Monforte de Lemos o labor de Prodeme a prol das persoas con discapacidade intelectual

Monforte de Lemos, 17 de abril de 2021

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta mañá en Monforte de Lemos as diferentes instalacións coas que conta a Asociación para a Protección de Persoas con Discapacidade Intelectual (Prodeme) no concello.

Na súa visita, con motivo do incendio rexistrado no mes de febreiro na nave da leña da granxa que posúe Prodeme, Conde destacou o labor desta asociación. Prodeme leva 40 anos facilitando apoio para garantir a autonomía persoal, benestar e acceso ao emprego das persoas con discapacidade intelectual.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 17/04/2021