A Xunta adxudica a redacción do proxecto de construción de sendas peonís nas estradas autonómicas PO-302 e PO-306 no concello de Vilanova de Arousa

O contrato foi adxudicado por máis de 18.000€ e cun prazo de execución de 6 meses

Este proxecto tomará como base a proposta remitida polo Concello ao departamento que dirixe Ethel Vázquez, no ámbito destas dúas estradas

Na PO-302 definiranse as actuacións no treito entre os puntos quilométricos 0 e 1+590, cun itinerario peonil de ancho medio de 2,50 m, incluíndo a renovación das beirarrúas na zona urbana cun ancho mínimo de 2 metros
 

Santiago de Compostela, 1 de maio de 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción do proxecto de construción de sendas peonís nas estradas autonómicas PO-302 e PO-306 no concello de Vilanova de Arousa.

O contrato foi adxudicado á empresa Deseños Estructurais e Viarios, S.L. por importe de máis de 18.000 euros. O contrato conta cun prazo de execución de 6 meses.

Trátase de definir as actuación precisas para a execución dunha senda peonil na marxe dereita da PO-302, no treito entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+590, e tamén na marxe dereita da PO-306, entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+350.

O proxecto tomará como base unha proposta remitida polo Concello ao departamento que dirixe Ethel Vázquez, no ámbito destas dúas estradas.

En concreto, na PO-302 os traballos incluirán a definición dunha senda peonil de formigón de ancho medio de 2,50 metros, entre os puntos quilómetros 0 e 1+080. Na zona urbana, entre os puntos 1+080 e 1+590 deberá incluír a renovación das beirarrúas existentes e a súa reconstrución, garantindo un ancho mínimo de 2 metros.

No caso da estrada PO-306, proxectarase a intervención entre os puntos quilométricos 0 e 0+350, para o que se proporá a creación dunha zona de aparcamento en batería e unha senda peonil de formigón que comunique a senda existente na Ponte do Terrón.

O proxecto deberá incluír a reposición e renovacións de conducións de servizos urbanos no ámbito da actuación.
 

Data de actualización: 01/05/2021