O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá as instalacións da Carballeira

Política Social salienta o labor dos profesionais dos centros de menores durante a pandemia sanitaria

A Xunta de Galicia destinou máis de 190.000 euros a mellorar as dependencias situadas na capital ourensá

Ourense, 30 de abril de 2021

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou o labor realizado por todos os profesionais dos centros de menores de Galicia durante o transcurso da pandemia sanitaria. Fíxoo esta mañá durante unha visita ás instalacións da Carballeira, na que estivo acompañado polo delegado da Xunta, Gabriel Alén, para agradecer de primeira man aos traballadores o seu esforzo.

Jacobo Rey resaltou a entrega e disposición de todos e cada un dos profesionais, así como a súa rigorosidade no cumprimento de protocolos. Isto permitiu que o número contaxios por covid-19 nos centros de menores fose moi residual desde o inicio da pandemia.

Así mesmo, subliñou o compromiso da Xunta de Galicia con estes centros, por iso explicou que se está a investir na mellora das súas instalacións, tanto a nivel de infraestruturas como de equipamento. Nesta liña, salientou que o Goberno galego destinou máis de 190.000 euros ao centro de menores da Carballeira para acondicionalo e mellorar a atención das rapazas e rapaces que alí viven.

Data de actualización: 30/04/2021