A Xunta destina 320.000€ en axudas a 40 establecementos de hostalaría do sur da provincia de Pontevedra para acondicionar as terrazas e favorecer as vendas a domicilio

O delegado territorial, Luis López, informou destas achegas, orientadas a dar a máxima seguridade sanitaria e favorecer o impulso do sector, nunha visita realizada este mediodía ao restaurante Marusía da Guarda

Estas subvencións están destinadas á instalacións de peches, compra de mobiliario, adaptación de espazos exteriores e adquisición de envases e o seu orzamento cuadriplicouse ata alcanzar os 11 millóns de euros en toda Galicia

O Goberno galego aprobou 13 axudas a locais de Tui, 7 no caso da Guarda e Tomiño, 5 en Ponteareas, 2 en Oia e tamén en Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra, A Cañiza, Covelo e Arbo
 

Compartir
  • whatsapp

A Guarda, 18 de maio de 2021.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, vén de informar que o Goberno galego acaba de aprobar axudas por importe de 320.000 euros para 40 establecementos de hostalaría do sur da provincia, pertencentes ás bisbarras do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta, para o acondicionamento de terrazas e o impulso das vendas a domicilio no marco das medidas paliativas para o sector fronte á crise sanitaria da covid-19.

O representante autonómico revelou as achegas nunha visita ao restaurante Marusía, no Concello da Guarda, que é un dos beneficiarios desta orde de axudas, coa que se pretende dotar da máxima seguridade á hostalaría, xa que a mesma está orientada á instalación, reforma e pechamento de terrazas, compra de mobiliario, adaptación de espazos exteriores e adquisición de elementos de envasado para o servizo a domicilio.

A distribución de achegas nas bisbarras do sur da provincia é a seguinte:

Concello
Nº Beneficiarios
Investimentos
Axudas da Xunta
Tui
13
87.032€
69.627€
Tomiño
7
100.597€
80.477€
A Guarda
7
62.131€
49.704€
Oia
2
8.500€
6.800€
Ponteareas
5
25.905€
20.724€
Salvaterra
1
13.391€
10.712€
Mondariz
1
16.287€
13.030€
Mondariz-Balneario
1
24.750€
19.800€
A Cañiza
1
24.237€
19.390€
Covelo
1
23.695€
18.956€
Arbo
1
14.000€
11.200€
TOTAL
40
400.525€
320.419€

Deste xeito, a Xunta, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, impulsou esta liña, que incluía apoios de ata o 80% do investimento a realizar, cifrados entre os 1.500 e os 25.000 euros, para pemes e autónomos con ata 50 traballadores.

“Esta medida, de gran importancia xa que axuda á conferir seguridade sanitaria aos establecementos e a impulsar as súas vendas, tanto no local como a domicilio, nun momento especialmente complicado pola covid-19, espertou un gran interese e moita demanda por parte do sector da hostalaría, o que demostra que as liñas da Xunta están indo en consonancia coas necesidades desta actividade económica”, explicou Luis López, que revelou que inicialmente orzamentouse unha partida de 3 millons de euros para estas achegas pero, ante a elevada cifra de solicitudes, tivo que cuadriplicar o seu crédito ata alcanzar os 11 millóns.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 18/05/2021