A Xunta pon en valor as actuacións para a mellora do trazado e a acollida no Camiño Portugués

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ofreceu o relatorio “O Camiño Portugués, mellora da acollida e das infraestruturas e eixe vertebrador”, no Foro do Camiño Portugués organizado polo concello de Tui

Tui (Pontevedra) , 25 de maio de 2021
Compartir
  • whatsapp

As actuacións de mellora do trazado, sinalización e servizos ao peregrino no Camiño Portugués centraron o relatorio que a directora de Tu-rismo de Galicia, Nava Castro, ofreceu no marco do Foro do Camiño Portugués, promovido polo Concello de Tui. A xornada, que contou coa participación do alcalde, serviu para afon-dar no peso que este itinerario ten no desenvolvemento socioeconómico deste territorio.

A directora de Turismo de Galicia centrou a súa exposición no peso que acadou o Camiño Portugués, que en 2019 converteuse no segundo itinerario máis escollido para peregrinar ata Santiago con máis de 72.000 peregrinos, o 20% dos que se solicitaron a Compostela ese ano. Castro destacou a firme aposta da Xunta tanto por este itinerario no que se levan investidos 3,7 millóns de euros desde 2015 no marco do Plan Director do Camiño de San-tiago que conclúe este ano. Do mesmo xeito, a responsable de Turismo destacou as actua-cións que se fixeron en materia de accesibilidade, eficiencia enerxética e seguridade sani-taria, para garantir que o Camiño Portugués sexa un Camiño Seguro.

Mellora da acollida

Castro tamén lembrou os traballos para a mellora da acollida ao peregrino, levando adiante actuacións de mantemento e melloras nos albergues públicos cos que conta o Camiño Por-tugués. Entre as actuacións destacou o recen rematado albergue de Vigo, na variante da Costa, ademais dos traballos de reparación do albergue de Tui e nos albergues de Briallos, Porriño e Redondela.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 25/05/2021