Miranda recibe ao presidente da Casa de Galicia en Huelva ao remate da súa peregrinación polo Camiño Portugués pola Costa

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao presidente da Casa de Galicia en Huelva, Antonio Pastoriza, quen acaba de rematar a súa peregrinación polo Camiño Portugués pola Costa. O responsable autonómico agradeceu a súa visita e a súa implicación co Ano Santo, destacando que a súa iniciativa serva como exemplo para os veciños de Huelva de cara a que se animen tamén a vivir o Xacobeo.
Miranda aproveitou a visita para gabar o traballo que está a desenvolver a Casa de Galicia en Huelva como difusora da cultura galega e do propio Camiño de Santiago a través de diferentes iniciativas que promoven o irmandamento entre Galicia e Andalucía e agradeceulle ao presidente a súa implicación, xunto a toda a directiva e socios da entidade, no bo funcionamento deste centro, recordando que tamén é sede da Asociación do Camiño de Santiago de Huelva. A Casa de Galicia de Huelva foi fundada en 1998 e conta con 178 familias asociadas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 10/06/2021