Política Social sortea as prazas ofertadas este ano nos campamentos de verán para mozos de entre 9 e 17 anos

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2021

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta mañá ao sorteo das prazas en campamentos de verán para mozas a mozos de entre 9 e 17 anos. O programa de actividades da campaña deste ano comezan no vindeiro mes de xullo e contará con estadías en ata 35 localizacións diferentes. A meirande parte das prazas quedaron cubertas, tan só quedaron 92 vacantes, que sairán a un proceso de acceso libre, nas vindeiras semanas.

A directora xeral sinalou que o 70% das persoas que presentaron solicitude ten praza adxudicada ou está en lista de agarda. Esta oferta de ocio seguro contará, ao igual que o pasado ano, cun protocolo específico para atender ás medidas recomendadas polas autoridades sanitarias. Entre elas: a redución de aforo, a incorporación escalonada das rapazas e rapaces ou o reforzo do persoal monitor.

Cómpre lembrar que as persoas que resultaron adxudicatarias con praza deberán presentar, no prazo de cinco días hábiles, desde o día seguinte ao da realización do sorteo, e preferiblemente por vía electrónica, unha serie de documentación complementaria. Toda a información estará dispoñible no seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 11/06/2021