A Xunta participa no acto de entrega dos III Premios de Podcast Xosé Mosquera Pérez

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe ao mediodía no acto de entrega dos III Premios de Podcast Xosé Mosquera Pérez O vello dos contos. O proxecto recorda e homenaxea a figura de Xosé Mosquera Pérez, locutor radiofónico, profesor, galeguista e activista a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936, e conta co apoio da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 11/06/2021