A Xunta realizará o próximo martes probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 33 presas galegas

A proba, que non afectará á actividade diaria da veciñanza, servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de ruptura

O Goberno galego afonda así na súa aposta pola prevención ante calquera emerxencia
 

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2021

A Xunta de Galicia ten previsto realizar o próximo martes, 22 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a un total de 33 presas con Plan de Emerxencia.

En total, durante a proba sonora activaranse máis de 70 sirenas situadas por todo o territorio. Realizarase coa colaboración dos titulares das infraestruturas: Alcoa, Endesa, Iberdrola, PHG e Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa) e Augas de Galicia. Tamén participarán membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica Miño Sil.

O primeiro sinal de aviso audible será a partir das 09,00 da mañá do día 22, augas abaixo da presa San Cosmade no municipio coruñés de Cerceda, e na presa de Salas, no concello ourensán de Muíños. E a partir desa hora as probas prolongaranse ata as 16,30 no resto das presas participantes.
Estas probas non afectarán á actividade diaria dos veciños. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.
Con este exercicio, preténdense acadar dous obxectivos principais: garantir a operatividade dos sistemas e que a poboación das zonas afectadas recoñeza o son da serea de aviso de evacuación.
Aposta pola prevención
Desde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior se quere subliñar a importancia que teñen este tipo de exercicios, xa que dan a coñecer á poboación da zona as medidas de autoprotección a aplicar en caso dunha emerxencia destas características, ademais de mellorar a coordinación efectiva entre as administracións e as empresas para garantir a seguridade na zona.

 

*Axuntamos o cronograma das probas do 22 de xuño

NATURGY

 

HORA INICIO
PRESA
CONCELLOS ½ hora
9:00
SAN COSMADE
Cerceda, Ordes
9:00
SALAS
Muíños, Lobios
9:30
VILAGUDÍN
Tordoia
10:00
AS CONCHAS
Muíños, Lobios, Entrimo
10:45
PORTODEMOUROS
Vila de Cruces, Arzúa
11:15
BRANDARIZ
Touro, Vila de Cruces
11:45
FRIEIRA
Crecente
12:15
CASTRELO
Ribadavia, Castrelo do Miño, Arnoia, Melón
13:15
ALBARELLOS
Boborás, O Carballiño, Leiro, Beade, Cenlle
15:00
BELESAR
Chantada, O Saviñao, Carballedo, Pantón
16:30
OS PEARES

Carballedo, Pantón, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, O Pereiro de Aguiar, Coles

 

IBERDROLA

HORA INICIO
PRESA
CONCELLOS ½ hora
10:00
CHANDREXA
Chandrexa
10:05
AS GUÍSTOLAS
Trives, Ribas de Sil
10:15
SANTA EULALIA
O Bolo, Petín, Ribas do Sil
10:30
SANTO ESTEVO
Pantón, Sober
10:40
SAN PEDRO

Pantón, Carballedo, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Coles, O Pereiro de Aguiar

11:00
SAN MARTIÑO
Quiroga, Ribas do Sil
11:15
MONTEFURADO
Quiroga, Ribas do Sil, A Rúa, Petín
11:30
SEQUEIROS
Quiroga, Ribas do Sil
11:45
CASOIO
Carballeda, O Barco
12:00
PUMARES
Carballeda, O Barco
12:15
CENZA
Viana do Bolo, Vilariño de Conso
12:30
PORTAS
Viana do Bolo, Vilariño de Conso
12:45
O BAO
Manzaneda, O Bolo, Petín, Ribas de Sil
 

ENDESA

HORA INICIO
PRESA
CONCELLOS ½ hora
10:30
PRADA
A Veiga, O Bolo
11:00
SAN SEBASTIÁN
Viana do Bolo, Vilariño de Conso
11:15
PEÑARRUBIA
Rubiá
 

PHG

HORA INICIO
PEP
CONCELLOS ½ hora
10:00
TOURO
Vila de Cruces, Touro, Silleda
 

ALCOA

HORA INICIO
PEP
CONCELLOS ½ hora
11:00
RIO COBO E DIQUE DE COLLADO
Cervo
10:00

DEPÓSITO DE RESIDUOS MINEIROS

Xove
 

AUGAS DE GALICIA

HORA INICIO
PEP
CONCELLOS ½ hora
10:00
BAÍÑA
Baiona
16:15
CALDAS
Caldas, Portas
15:15
O COM
Vilagarcía


 

Data de actualización: 20/06/2021