O Sergas e a Fundación Galega de medicina xenómica colaborarán para o desenvolvemento do Plan de implantación de farmacoxenómica en psiquiatría

A tal efecto, o Sergas destinará, no presente ano, preto de 34.000 euros

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2021
Compartir
  • whatsapp

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha Resolución da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade da encomenda do Sergas á Fundación Galega de Medicina Xenómica, para o desenvolvemento do Plan de implantación de farmacoxenómica en psiquiatría, un proxecto incluído no Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid-19. O obxectivo xeral desta iniciativa é avanzar na medicina personalizada, o que supón a adaptación do tratamento médico ás características individuais de cada doente.

Con este proxecto, liderado polo Sergas e executado coa colaboración da Fundación Galega de Medicina Xenómica, contribuirase a mellorar a calidade da asitencia sanitaria prestada, aplicando á práctica clínica as bases xenéticas e biomarcadores xa establecidos para incrementar o éxito, e disminuír o risco de efectos adversos dos tratamentos psicofarmacolóxicos.

O proxecto estructurase en dúas accións, unha dirixida a poboación adulta e outra a poboación infantoxuvenil. A súa posta en marcha permitirá adaptar a prescripción a determinados biomarcadores individuais, optimizando a eficiencia dos fármacos e garantizando a seguridade do doente. A aplicación de técnicas de medicina personalizada vense realizando maioritariamente en doentes a tratamento por cancro, pero a súa aplicación no eido da atención psiquiátrica contitúe unha aposta clara por mellorar os tratamentos de saúde mental, cun beneficio directo oara os doentes e do sistema de saúde en xeral, situando a Galicia na cabeza da innovación neste campo.


Tal e como sinala o Diario Oficial, a Fundación Galega de Medicina Xenómica encargarase do desenvolvemento do proxecto denominado Plan de implantación de farmacoxenómica en psiquiatría, que ten unha duración de dous anos, consistente na realización, en coordinación co Sergas, dun estudo para que, a través da análise farmacoxenética dos pacientes a tratamento con fármacos depot, poidan axustar doses, así como evitar reaccións adversas nos pacientes. A información do resultado do estudo poderá ser incorporada aos sistemas de información clínica do Sergas.


Para a realización desta actividade, o Sergas destinará, no presente ano, un total de 33.900 euros.

Adaptación dos tratamentos

A medicina personalizada supón a adaptación do tratamento médico ás características individuais de cada paciente. Esto supón a posibilidade de identificar a pacientes que difieren na súa susceptibilidade a experimentar unha determinada enfermidade, na bioloxía e/ou prognóstico de dita enfermidade, así como na resposta aos efectos adversos que experimenta trala administración dun determinado tratamento.

Sinalar, ademais, que a medicina personalizada é para os clínicos unha ferramenta moi valiosa á hora de seleccionar o tratamento ou a dose máis adecuada para cada paciente. Neste contexto, a xenómica, xunto coa farmacocinética, está empezando a abrirse camiño no proceso asistencial como guía na dosificación de fármacos.

Evitar efectos adversos e posibles hospitalizacións

Dende o punto de vista da farmacoxenética, xa existen, a día de hoxe, biomarcadores que poder aplicar para predecir unha resposta non esperada do medicamento en términos de efectos adversos. Na propia ficha técnica do medicamento faise mención ás enzimas relacionadas coa metabolización do fármaco, de maneira que, pacientes que presenten variantes en ditas enzimas son susceptibles de presentar unha resposta diferente ao medicamento. Coñecer a priori o xenotipo metabolizador do paciente e, no seu caso, a cinética do fármaco, permitirá axustar a dose de maneira máis rápida, evitando efectos adversos nos pacientes, así como posibles hospitalizacións derivadas
 

Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 21/06/2021