O DOG publica o calendario laboral para 2022 que terá como festivos propios os días das Letras Galegas e de San Xoán

A normativa estatal fixa 14 festivos: 12 marcados polo Estado e dous elixidos polos concellos

Serán tamén festivos, ademais do 17 de maio e o 24 de xuño, Aninovo (1 xaneiro), o Día de Reis (6 xaneiro), Xoves e Venres Santo (14 e 15 abril), o Día Nacional de Galicia (25 xullo), Asunción da Virxe (15 agosto), a Festa Nacional de España (12 outubro), Todos os Santos (1 novembro), o Día da Constitución Española (6 decembro) e a Inmaculada Concepción (8 decembro)

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2021
Compartir
  • whatsapp

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe, unha vez aprobado polo Consello da Xunta, o calendario laboral de Galicia para o próximo ano no que a Comunidade galega terá como festivos propios os días das Letras Galegas (17 de maio) e de San Xoán (24 de xuño).

A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (15 de abril en 2022), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. No ano 2022 hai dous festivos nacionais que coinciden en domingo: o 1 de maio (día do Traballo), que se substitúe polo 17 de maio, día das Letras Galegas; e o 25 de decembro (Nadal), que se cambia polo día de San Xoán (24 de xuño).

Ademais, outros tres festivos de carácter nacional poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2022 se celebrará o 15 de abril), que Galicia non cambia tradicionalmente; e dáselle a opción ás comunidades entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. Sempre se elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.

Calendario Laboral 2022

FESTIVIDADE
DATA
DÍA DA SEMANA
Aninovo
1 de xaneiro
sábado

Epifanía do Señor (Día de Reis)

6 de xaneiro
xoves
Xoves Santo
14 de abril
xoves
Venres Santo
15 de abril
venres
Letras Galegas
17 de maio
martes
San Xoán
24 xuño
venres
Día Nacional de Galicia
25 xullo
luns
Asunción da Virxe
15 agosto
luns

Festa Nacional de España

12 de outubro
mércores
Todos os Santos
1 de novembro
martes

Día da Constitución Española

6 de decembro
martes
Inmaculada Concepción
8 de decembro
xoves
Imaxes relacionadas
Data de actualización: 07/07/2021