A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou as instalacións

Política Social salienta a importancia de fomentar o lecer educativo e saudable no verán na súa visita ao campamento Aventura+ en Lalín

As actividades que se están a desenvolver no Albergue Municipal Vicente Agulló rematarán o próximo luns, 26 de xullo

Lalín (Pontevedra), 20 de xullo de 2021

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe o campamento Aventura+, que se está a desenvolver en Lalín, onde o deporte é o protagonista principal. O próximo luns 26 de xullo rematará este campamento que comezou o pasado sábado no Albergue Municipal Vicente Agulló.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado subliñou a importancia que teñen estes programas de ocio, enmarcados na campaña da Xunta de Galicia O verán que mereces, cos que se pretende fomentar o lecer educativo saudable e seguro das mozas e mozos galegos durante a temporada estival.

Neste campamento a rapazada, de entre 9 e 11 anos, desfruta de actividades como xincanas, xogos cooperativos, hípica, obradoiros de temáticas diversas, maxia, escape room ou zumba, entre outras prácticas.

Data de actualización: 20/07/2021