Os axentes medioambientais liberan cinco xílgaros, tres paporroibos reais e un xirín localizados en gaiolas-trampa no concello de Viveiro

Os axentes ambientais do Distrito VI na Mariña lucense localizaron estes artefactos no decurso dun servizo de vixilancia, no que procederon a denunciar ao infractor

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2021

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de liberar cinco xílgaros, tres paporroibos reais e un xirín, que foron localizados en gaiolas-trampa no concello de Viveiro.

No decurso dun servizo de vixilancia, por parte dos axentes medioambientais do Distrito ambiental VI na Mariña lucense, localizouse a unha persoa que agochaba gaiolas con distintas especies sen as anelas identificativas; así como gaiolas-trampa que nese intre estaban activadas para a captura de frinxílidos, xa que na mesma se atopaban exemplares de xílgaro como reclamo.

Tras a identificación da persoa, indicóuselle que estaba a cometer unha infracción recollida na Lei de patrimonio natural e biodiversidade de Galicia, polo que se lle abriu unha denuncia polo feitos sinalados, que foron recoñecidos polo denunciado, e se procedeu ao comiso das gaiolas-trampa.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 22/07/2021