A Xunta outorga axudas a catro concellos de Ferrolterra e da súa contorna para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración cun investimento de máis de 197.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña visitou a depuradora do Barqueiro, en Mañón, onde informou que este municipio recibirá máis de 84.000 euros para levar a cabo melloras nesta planta de tratamento de augas residuais e na potabilizadora xeral de Mañón

As axudas, compatibles con outros incentivos, subvencionan os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro na execución das obras, así como os gastos asociados a elas

Con este tipo de iniciativas a Xunta mantén o apoio ás entidades locais na adopción de medidas que garantan o mellor funcionamento dos servizos da auga, que redundan na calidade de vida das poboacións dos municipios máis pequenos de Galicia

Mañón (A Coruña), 3 de agosto de 2021
Compartir
  • whatsapp

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Mañón, Alfredo Dovale, visitou a depuradora do Barqueiro, onde informou que a Xunta investirá máis de 84.000 euros para levar a cabo a reforma desta planta de tratamento de augas residuais e para levar a cabo melloras no abastecemento na potabilizadora xeral de Mañón.

Trenor destacou que esta axuda inclúese dentro da nova orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para apoiar aos concellos máis pequenos, cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes, na execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, á que destina un investimento global que rolda os 4 millóns de euros en toda Galicia.

No caso dos concellos de Ferrolterra e da súa contorna, o delegado da Xunta, informou que estas axudas beneficiarán a catro municipios: Cerdido, Mañón, Moeche e As Somozas que recibirán en total máis de 197.000 euros para garantir o funcionamento óptimo dos seus sistemas de abastecemento municipal ou para actuar na modernización e no aumento da eficiencia e eficacia das instalacións de saneamento e depuración existentes, así como para a construción de novas infraestruturas.

Con esta liña de subvencións, a Xunta trata de apoiar actuacións nos municipios cunha poboación igual ou inferior aos 5.000 habitantes para garantir o mellor funcionamento destes servizos de competencia local.

O límite máximo das axudas foi de 50.000 euros por solicitude, sendo compatibles ambas as liñas de actuación. Así, os concellos tiveron a opción de presentar dúas solicitudes, unha referida a actuacións en sistemas de abastecemento e outra para actuacións en sistemas de saneamento e depuración.

Os 4 millóns cos que estaba dotada esta orde de axudas distribuíronse en dous grupos: o 50% do importe a obras executadas en sistemas de abastecemento e o outro 50% restante a obras executadas en sistemas de saneamento e depuración.

Estes incentivos, compatibles con outras axudas, subvencionan os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro deste ano e inclúen, tanto os investimentos realizados na execución das propias obras, como os gastos asociados a elas en materia de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial, de control de calidade ou de dirección dos traballos.

Con esta iniciativa a Xunta segue a traballar cos concellos apoiándoos na adopción de medidas que garantan o mellor funcionamento dos servizos da auga, de competencia municipal, que redundan na calidade de vida dos veciños dos municipios máis pequenos de Galicia.

Esta actuación da Xunta conta coa financiación do eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

   
 

CONCELLO

SISTEMA

TÍTULO PROXECTO

 ACHEGA AUGAS DE GALICIA

Cerdido

Abastecemento

Melloras na E.T.A.P. de Cerdido

46.077,91 €

Mañón

Abastecemento

Mellora abastecemento na ETAP Xeral de Mañón

41.470,34 €

Saneamento e depuración

REFORMA DA EDAR DE O BARQUEIRO (MAÑÓN)

42.643,44 €

Moeche

Abastecemento

Ampliación da rede de abastecemento de auga dende San Xurxo ata límite t.m. San Sadurniño

50.000,00 €

Somozas, As

Abastecemento

Mellora instalacións ETAP

16.850,54 €

TOTAL

 
 
197.042,23 €

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 03/08/2021