Activo un incendio forestal no concello lugués de Ribas de Sil, parroquia de Nogueira

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de máis de 100 hectáreas

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo no concello lugués de Ribas de Sil, parroquia de Nogueira.
O lume iniciouse onte ás 21,42 h. e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de máis de 100 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 2 técnicos, 9 axentes, 14 brigadas e 15 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 06/09/2021