A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 15,30 h. de hoxe

Activo un lume no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas

Permanece activo o incendio rexistrado no concello de Ribas de Sil, parroquia de Nogueira, que afecta unhas 140 hectáreas de superficie

Tamén está activo o localizado na parroquia de Ribas de Sil, concello homónimo, que afecta provisionalmente unhas 50 hectáreas

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 15,30 h. de hoxe.

Chandrexa de Queixa

Activo desde as 11,38 h. desta mañá un lume no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que afecta segundo as primeiras estimacións unha superficie dunhas 20 hectáreas. No seu control participan 1 técnico, 5 axentes, 16 brigadas, 9 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.


Ribas de Sil

Permanece activo o lume rexistrado ás 21,42 h. de onte no concello lugués de Ribas de Sil, parroquia de Nogueira. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 140 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 5 técnicos, 16 axentes, 30 brigadas, 26 motobombas, 4 pas, 7 avións e 6 helicópteros.

Tamén permanece activo o incendio rexistrado na parroquia de Ribas de Sil, concello homónimo, que comezou ás 12,47 h. de hoxe. Segundo as últimas estimacións, rolda as 50 hectáreas de superficie afectada. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 2 técnicos, 3 axentes, 12 brigadas, 5 avións e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 06/09/2021