A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe

Permanecen estabilizados os dous lumes rexistrados no concello lugués de Ribas de Sil

Segundo as últimas medicións, a superficie afectada incendio na parroquia de Ribas de Sil é dunhas 1.580 hectáreas

No rexistrado na parroquia de Nogueira, a superficie afectada mantense nas 140 hectáreas

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Permanece estabilizado desde as 16,26 h. de onte o lume iniciado o luns ás 12,47 h. na parroquia de Ribas de Sil, concello homónimo, e que tamén afecta os municipios de Quiroga e da Pobra do Brollón. Tras unha nova medición, a superficie afectada por este incendio rolda as 1.580 hectáreas. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 15 técnicos, 46 axentes, 112 brigadas, 51 motobombas, 5 pas, 8 avións e 14 helicópteros. Tamén participaron nos labores de extinción persoal e medios da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Tamén segue estabilizado desde as 16,26 h. o lume iniciado ás 21,42 h. do domingo neste mesmo concello, parroquia de Nogueira. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de arredor de 140 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 6 técnicos, 20 axentes, 44 brigadas, 29 motobombas, 5 pas, 7 avións e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 08/09/2021