A Xunta acometerá obras de mellora do firme na estrada AC-230 ao seu paso polo concello de Aranga

A intervención, adxudicada por preto de 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de 2 meses

Os traballos levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 3 e o 4+700

A Xunta continúa traballando na conservación da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras
 

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometerá obras de mellora do firme na estrada AC-230 ao seu paso polo concello de Aranga.

Esta intervención, que foi adxudicada á empresa Canarga, S.L., conta cun investimento da Xunta de preto de 50.000 euros. As obras comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de 2 meses.

Os traballos levaranse a cabo no treito da vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 3 e 4+700.

As obras consistirán na reparación do firme mediante a mellora da capa de rodaxe en 5 centímetros de espesor nas zonas nas que se atope deteriorado, coa fin de resolver as deformacións que presenta a rodaxe, reforzando así a seguridade viaria.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na conservación e mantemento da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras
 

Data de actualización: 12/09/2021