Un total de 58 novos ciclos de FP impartirán este curso parte do seu currículo nunha lingua estranxeira

A Xunta vén de publicar a resolución pola que se autorizan os ciclos plurilingües que comezan agora e que se engaden aos que iniciados o pasado o curso

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

Un total de 58 ciclos de Formación Profesional do sistema público galego impartirán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira neste curso 2021-22. A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva pola que se autorizan un total de 58 novos ciclos formativos plurilingües (PluriFP) neste curso académico 2021/22, e que se suman aos iniciados o pasado 2020/21.

Deste xeito, este ano haberá en Galicia un total de 27 centros con esta oferta (tres máis ca este curso) a razón de oito na provincia da Coruña, tres en Lugo, cinco en Ourense, e 11 en Pontevedra. Os de nova incorporación son a EFAG Fonteboa (Coristanco), o CPR Marcote (Vigo) e o IES de Valga. A maiores, tamén se incorpora ao listado o CIFP Politécnico de Lugo, debido ao traslado de ensinanzas do ciclo Ensinanza e animación sociodeportiva que se viña ofertando no IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes e que agora pasa ao Politécnico.
Os ciclos formativos plurilingües teñen como finalidade a mellora das competencias lingüísticas do alumnado de FP co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral e a competitividade dos sectores produtivos. Neste sentido, o desenvolvemento de habilidades de comunicación oral e escrita en linguas estranxeiras facilitará o desempeño laboral dos titulados no espazo europeo, na liña de internacionalización da FP que está a impulsar a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través de iniciativas como o programa Erasmus+.

Ademais, esta liña de acción dá resposta ás necesidade de formación e competencias lingüísticas expostas polas empresas e institucións que participan nos proxectos de Formación Profesional dual de Galicia.

Novos requisitos


De acordo coas esixencias dos programas de cooperación territorial do Ministerio de Educación e Formación Profesional, na convocatoria deste ano mudáronse os criterios para considerar plurilingüe un ciclo de acordo aos criterios establecidos. Deste xeito, os centros terán que impartir un módulo profesional de primeiro curso e outro de segundo curso en lingua estranxeira.

Ademais terán que impartir un mínimo de 53 horas semanais, en primeiro e en segundo curso nunha lingua estranxeira, ben como un módulo profesional incluído no currículo do título, ou ben como un engadido fóra de horario, opcional para o alumnado.

Ata o momento esixíase que o alumnado cursara, cando menos no primeiro curso do ciclo, un módulo non lingüístico en lingua estranxeira. O número de módulos cursados en lingua estranxeira podía ampliarse sen superar, en todo caso, un terzo do horario en lingua estranxeira. Así mesmo, o alumnado realizaba actividades complementarias de formación organizadas polo centro educativo (charlas, obradoiros ou proxectos) e o centro educativo debía ofrecer unha actividade formativa extracurricular de carácter voluntario para o alumnado, no primeiro e no segundo curso do ciclo, co obxecto principal o afondamento e a adquisición de destrezas no idioma elixido que fosen específicas do sector profesional ou do ámbito produtivo no que se estea a formar o alumnado.

Plurilingüismo en 465 centros educativos

A maiores dos ciclos formativos sinalados, o sistema educativo galego contará o vindeiro curso cun total de 465 centros educativos (42 deles de nova incorporación) na rede de centros plurilingües en toda Galicia.


Os novos proxectos formativos plurilingües autorizados para o curso 2021/22 son os reflectidos na seguinte táboa:

 

PROVINCIA
CONCELLO
CENTRO
CICLO
IDIOMA DOS MÓDULOS LINGÜÍSTICOS

A Coruña

Culleredo

CIFP Universidade Laboral Culleredo
Prevención de Riscos Profesionais
Portugués
Acondicionamento Físico
Inglés
Mecatrónica Industrial
Inglés

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Guía, información e asistencia turísticas
Francés (2º)
Inglés (1º)

A Coruña

Ferrol

CIFP Leixa

Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia

Inglés

A Coruña

Santiago de Compostela

IES San Clemente
Sistemas microinformáticos e redes
Portugués
Administración de sistemas informáticos en rede
Portugués
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
Inglés
Desenvolvemento de aplicacións web
Inglés

A Coruña

Coristanco

EFAG Fonteboa
 
Produción agropecuaria
Francés e Inglés (1º)
Francés (2º)
Gandaría e asistencia animal
Inglés
Transporte e loxística
Inglés

A Coruña

A Coruña

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto
Audioloxía protésica
Inglés

A Coruña

A Coruña

CIFP Someso
Programación da produción en fabricación mecánica
Inglés

A Coruña

Santiago de Compostela

IES A Pontepedriña
Comercio internacional
Inglés

Lugo

Chantada

IES Val do Asma
Desenvolvemento de aplicacións web (FP dual)
Inglés

Lugo

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo
Ensinanza e animación sociodeportiva
Inglés

Lugo

Lugo

CIFP As Mercedes
Automoción
Inglés
Mantemento aeromecánico de avións con motor turbina
Inglés

Ourense

Ourense

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel
Desenvolvemento de aplicacións web
Inglés
Laboratorio de análise e de control de calidade
Inglés
Laboratorio clínico e biomédico
Inglés
Hixiene bucodental
Inglés

Ourense

32008914

CPR Santo Cristo
Administración e finanzas
Inglés

Ourense

Ourense

CIFP A Farixa
Axencias de viaxes e xestión de eventos
Inglés
Guía, información e asistencia turísticas
Inglés

Ourense

Vilamarín

IES de Vilamarín
Xestión de Aloxamentos Turísticos
Inglés
Dirección de cociña
Francés (2º)
Inglés (1º e 2º)
Dirección de servizos de restauración
Inglés
Xestión de Aloxamentos Turísticos (FP dual)
Inglés

Ourense

Ourense

CIFP Portovello
Asistencia á Dirección
Inglés
Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
Inglés
Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
Inglés

Pontevedra

Caldas de Reis

CPR Plurilingüe San Fermín
Actividades Comerciais
Inglés

Pontevedra

A Estrada

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
Administración e finanzas
Inglés

Administración de sistemas informáticos en rede (FP Dual)

Inglés

Pontevedra

Vigo

CPR Plurilingüe San Miguel 2
Informática e comunicacións
Inglés
Informática de oficina
Inglés

Pontevedra

Vigo

CPR San Miguel
Servizos administrativos
Inglés
Servizos comerciais
Inglés
Xestión administrativa
Inglés
Instalacións de telecomunicacións
Inglés

Pontevedra

Vigo

CPR Daniel Castelao
Servizos administrativos
Inglés
Electricidade e electrónica
Inglés
Xestión administrativa
Inglés
Instalacións eléctricas e automáticas
Inglés
Administración e finanzas
Inglés
Administración de sistemas informáticos en rede
Inglés
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
Inglés

Pontevedra

Vigo

CIFP Manuel Antonio
Química industrial
Inglés
Patronaxe e moda
Inglés

Pontevedra

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade
Deseño e amoblamento
Portugués

Pontevedra

Vigo

CPR Marcote
Comercio internacional
Inglés

Pontevedra

O Porriño

IES Ribeira do Louro
Xestión administrativa
Inglés
Administración e finanzas
Inglés
Comercio internacional
Inglés

Pontevedra

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza
Xestión de Aloxamentos Turísticos
Inglés
Xestión de Aloxamentos Turísticos (FP dual)
Inglés

Pontevedra

Valga

IES de Valga
Construcións metálicas
Inglés


 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 12/09/2021