Política Social participa na andaina solidaria `Camiñando polo dano cerebral’

Ourense, 12 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Maiores e Persoas con discapacidade, Fernando González Abeijón, participou hoxe no primeiro Trail e andaina solidaria organizado pola Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace). Camiñando polo dano cerebral é un proxecto que puxo en marcha este colectivo no marco do programa O Teu Xacobeo para a promoción da saúde.

Fernando González Abeijón destacou a importancia de realizar iniciativas como esta para achegar a realidade das persoas con dano cerebral a toda a sociedade galega. O percorrido saíu e rematou na Pista de Atletismo do Campus Ourense e levou aos participantes por sendeiros e camiños da cidade das Burgas e do concello do Pereiro de Aguiar.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 12/09/2021