A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá a escola infantil municipal desta localidade

A Xunta inviste 400.000 euros na ampliación e renovación da escola infantil municipal ‘Chalé Rosa’ de Pontedeume

Esta actuación permitirá pasar de tres a cinco aulas e chegar ás 72 prazas

Pontedeume (A Coruña), 13 de setembro de 2021

A Xunta investiu 400.000 euros na ampliación e renovación da escola infantil municipal ‘Chalé Rosa’ de Pontedeume. A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá o centro no que sinalou que esta contía supón o 80% do custe total da actuación, que ascendeu aos 674.000 euros.
A conselleira sinalou que esta ampliación permitirá incrementar o número de aulas deste centro de tres a cinco aulas e chegar ás 72 prazas, 31 máis que na actualidade. Ademais, apuntou que se melloraron as condicións e accesibilidade das instalacións onde se atopa esta escola infantil, unha casa indiana protexida por patrimonio.
Fabiola García destacou que a Xunta segue mellorando os servizos a disposición das galegas e galegos e dándolle máis posibilidades para desenvolver o seu proxecto de vida. Mostra disto é que este curso será o segundo no que se aplicará a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos.

Data de actualización: 13/09/2021