A directora de Turismo de Galicia participa no aniversario da revista especializada 'La Alacena Roja'

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2021

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe nun acto promovido pola publicación especializada La Alacena Roja, que celebrou esta tarde en Santiago o oitavo aniversario da súa creación. A revista, que se ven publicando en formato dixital e en papel, consolidouse como unha das publicacións especializadas en turismo e gastronomía que se editan en Galicia.

O acto tamén serviu para facer entrega dos seus premios ás mellores iniciativas turísticas e gastronómicas do ano e para retomar a tradicional celebración anual que vén celebrando esta publicación, co obxectivo de converterse en punto de encontro do sector turístico, gastronómico e alimentario de Galicia.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 14/09/2021