Política Social pon en valor a longa traxectoria e o traballo levado a cabo pola residencia de maiores do Carballiño no seu 120 aniversario

O Carballiño (Ourense), 15 de setembro de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou hoxe no acto de celebración do 120 Aniversario Asilo de O Carballiño, organizado pola Residencia Hermanos Prieto. Alí, o director xeral puxo en valor a longa traxectoria desta entidade, da que destacou o seu compromiso diario por e para o benestar dos maiores, aos que a pandemia volveu situar como piares fundamentais da nosa sociedade.

O programa de conmemoración do 120 aniversario da residencia Hermanos Prieto ofrece distintas actividades que se están a levar a cabo desde o pasado día 13, que inclúen desde excursións cos usuarios e unha visita a unha exposición fotográfica O Asilo en tempos de pandemia ata distintas xornadas de convivencia entre traballadores e residentes, entre outras propostas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 15/09/2021