Política Social pon en valor o imprescindible labor dos centros de protección de menores na formación da sociedade do futuro durante unha visita a Santo Anxo

Compartir
  • whatsapp

Rábade (Lugo), 15 de setembro de 2021.- O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado do delegado territorial da Xunta en de Galicia en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o Centro de Menores de Santo Anxo, no concello lucense de Rábade. Alí, o director xeral destacou o gran esforzo e labor dos traballadores do sistema de protección autonómico durante este ano de pandemia.

Durante a súa visita Jacobo Rey aproveitou para percorrer as instalacións e reunirse coa dirección do centro co motivo da incorporación dunha nova subdirección, así como para coñecer as necesidades destas de titularidade pública. O representante autonómico puxo en valor o imprescindible traballo que se leva a cabo día a día nestes centros, que serven para formar á futura sociedade e que lles ofrecen unha protección á mocidade que se atopan nunha situación de risco. O representante autonómico salientou a importancia que ten ofrecer estes recursos aos xoves, para que teñan a posibilidade de aprender a convivir e a desenvolverse integramente mentres se resolve a súa situación familiar ou se ofrece unha alternativa.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 15/09/2021