Lorenzana enxalza o potencial tecnolóxico das empresas galegas na feira Mindtech 2021 de Vigo

Vigo, 15 de setembro de 2021

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe no recinto feiral de Vigo, Ifevi, a feira Mindtech 2021, onde destacou a relevante aposta que o tecido industrial e empresarial está a facer en prol das tecnoloxías 4.0, que constitúen, segundo amosou, unha prioridade ademais na oferta formativa de emprego do Goberno galego como camiño á empregabilidade.

Acompañada de Enrique Mallón, director xeral da feira organizada pola Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas (Asime), fixo un percorrido polos stands do recinto, un escaparate que reflicte o potencial innovador das empresas galegas. Tal e como constatou a conselleira, a vocación pola innovación e o desenvolvemento tecnolóxico do tecido produtivo galego esta a ser patente e será clave na reactivación tras a pandemia e contará coa man tendida do Goberno galego.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 15/09/2021