A conselleira de Política Social participou hoxe na inauguración das novas instalacións

Fabiola García sinala que o centro interxeracional de Coristanco será o punto neurálxico da vida social desta localidade

O Goberno galego investiu 120.000 euros na adecuación do centro, que acollerá actividades para as persoas maiores e para a xuventude

Coristanco (A Coruña), 15 de setembro de 2021.- A

conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que o novo centro interxeracional de Coristanco será o punto neurálxico da vida social desta localidade. Esta tarde asistiu á inauguración destas instalacións situadas no lugar da Rocheira, xunto á zona recreativa, a piscina e o campo de fútbol.

A conselleira apuntou que este centro responde unha débeda histórica coas veciñas e veciños deste municipio coruñés. O Goberno galego financiou a adecuación do centro con 120.000 euros, o que permitirá que se poña en marcha un punto de encontro para as persoas maiores e para as persoas mozas.

Fabiola García agradeceu ao alcalde, Juan García, o seu compromiso por facer deste concello un mellor lugar para vivir e ofrecerlle ás súas veciñas e veciños o maior número de servizos posibles e da mellor calidade. Un obxectivo para o que, recordou, sempre poderá contar coa Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 15/09/2021