A Xunta sinala que Fegadace permite que centos de familias galegas melloren a súa calidade de vida

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A Xunta sinala que a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) permite que centos de familias galegas melloren a súa calidade de vida. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, recibiron esta mañá na praza do Obradoiro aos peregrinos que culminaron a Ruta Xacobea dentro da iniciativa ‘Camiñando polo Dano Cerebral’ organizado por esta federación.

As asociacións que compoñen esta federación permiten tanto as persoas con dano cerebral como as súas familias reciban asesoramento, coidados e terapias que lles permitan recuperar unha vida activa. A Xunta de Galicia está sempre do lado do tecido asociativo galego para que sexan quen de chegar cada día a máis xente.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 17/09/2021