A Xunta apoia a 54 edición do concurso rexional de gaitas de Ponteareas

A Fundación Artesanía de Galicia estará presente nos galardóns do que é o certame galego de gaitas máis antigo, outorgando dous instrumentos elaborados polos obradoiros artesáns Gaitas Gil e Sanín Percusión Tradicional

Ponteareas (Pontevedra), 18 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asiste esta tarde á entrega de premios do LIV Concurso Rexional de Gaitas do País na localidade pontevedresa de Ponteareas, o certame galego máis antigo destas características e que está consolidado coma un referente no panorama da música tradicional da Comunidade.

Como é habitual desde o ano 2017, a Xunta de Galicia colabora co Concello de Ponteareas neste certame, a través duns premios Artesanía de Galicia para a agrupación que resulte gañadora. Así, o galardón consiste nunha gaita elaborada polo obradoiro Gaitas Gil (Ponteareas), así coma un tamboril elaborado por Sanín Percusión Tradicional (Santiago de Compostela).

Con estes premios a Xunta de Galicia quere apoiar aos luthiers galegos e facer promoción do labor e da calidade dos obradoiros artesanais, nun concurso que actúa como o mellor escaparate para estes obxectivos.
 

Data de actualización: 18/09/2021