Política Social acompaña á asociación sociocultural ASCM no último tramo do Camiño de Santiago

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañou esta mañá a unha quincena de membros da Asociación Sociocultural ASCM no último tramo do Camiño de Santiago. A través desta iniciativa a entidade quere reivindicar a plena inclusión das persoas con discapacidade.
O pasado ano a asociación ferrolá ASCM iniciou un proxecto enmarcado no programa da Xunta O teu Xacobeo para dar visibilidade a un Camiño de Santiago inclusivo e accesible. Este ano quixeron levar a cabo a súa propia experiencia realizando o Camiño Inglés, que culminan hoxe coa súa chegada á praza do Obradoiro.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 18/09/2021