A Xunta inicia a administración das terceiras doses da vacina da covid nos usuarios dos centros sociosanitarios

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A Xunta de Galicia iniciou esta mañá, na residencia Porta do Camiño de Santiago, a administración das terceiras doses da vacina da covid, nas persoas usuarias dos centros sociosanitarios galegos, para continuar, mañá, no resto de Galicia.

No acto estivo presente, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores, o director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo; e a xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez Masid.
No acto, a directora xeral de Saúde Pública, remarcou que Galicia está dentro das comunidades autónomas con maior porcentaxe de vacinación grazas á responsabilidade da cidadanía.

Carmen Durán pediu un paso máis de responsabilidade, xa que é necesario que todos nos vacinemos, por responsabilidade individual e colectiva, e imos a ofertar todas as facilidades do mundo para chegar á máxima porcentaxe de vacinación posible, remarcou a directora xeral.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/09/2021