O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria inaugura o curso de coidados paliativos en centros residenciais para persoas dependentes

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, inaugurou hoxe o curso da Escola Galega de Administración Pública sobre Coidados Paliativos en Centros Residenciais de Atención a Persoas Dependentes. Alí puxo en valor esta iniciativa, coa que se pretende difundir as ferramentas básicas para unha correcta abordaxe deste tipo de coidados, especialmente no ámbito residencial sociosanitario.

Este curso busca prestar unha atención integral e integrada aos pacientes con enfermidade avanzada e complexa, garantíndolles a mellor calidade de vida posible e dándolles unha resposta axeitada ás súas necesidades e ás dos seus familiares. Antón Acevedo fixo fincapé en que este tipo de coidados demostraron ser imprescindibles, sobre todo trala pandemia, para garantir a calidade dos usuarios de residencias.
 

Data de actualización: 21/09/2021