Caldas e Lalín, fin de etapa de hoxe dos participantes do programa “Conecta co Xacobeo”

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

Os galegos do exterior que participan no programa “Conecta co Xacobeo” chegan hoxe, dende Pontevedra e Dozón, na súa terceira etapa dos camiños Portugués e Vía da Prata ata Bendoiro, en Lalín, e ata Caldas de Reis. Pola tarde coñecerá un grupo Cambados e o outro o Mosteiro de Oseira e Forno de Cea.

Recordar que cerca dun centenar de persoas vinculadas aos centros galegos de España e de Europa están a realizar, dende o pasado domingo, ambos camiños dentro do programa “Conecta co Xacobeo” que organiza a Secretaría Xeral da Emigración. Trátase da primeira iniciativa deste tipo posta en marcha dende a pandemia e o seu obxectivo é dar un pulo ás entidades e centros galegos, así como aos seus asociados, que sufriron numerosos peches e limitacións a causa da pandemia durante os últimos meses e que son promotores do Camiño de Santiago en todos os lugares onde teñen a súa sede.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/09/2021