Miranda recibiu aos 40 galegos de Tres Cantos (Madrid) que remataron hoxe o Camiño de Santiago

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu na praza do Obradoiro aos 40 membros do Centro Galego de Tres Cantos de Madrid que acaban de rematar hoxe de facer o Camiño Francés dende Sarria.

Rodríguez Miranda agradeceulles que se animaran a participar activamente no Xacobeo 21-22 e que deste xeito, difundiran o espírito do Camiño que estiveron a desenvolver dende o 15 de setembro. Dende o centro galego madrileño agradeceron pola súa banda o apoio da Secretaría Xeral na realización desta iniciativa e aseguraron que continuarán a poñer en marcha proxectos de difusión do Xacobeo ao longo dos próximos meses e durante todo o 2022.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/09/2021