A Xunta sortea entre os seus adxudicatarios as 33 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Grobas no Concello de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presidiu esta mañá o sorteo de asignación das vivendas no salón de actos da Delegación Territorial

A representante autonómica indicou que o Concello aínda non concedeu a licencia de primeira ocupación, pese a que se solicitou hai seis meses, impedindo a súa entrega

O IGVS investiu 3,4millóns de euros na construción destas vivendas

Vigo, 22 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) sorteou hoxe entre os seus adxudicatarios as 33 vivendas de promoción pública construídas pola Xunta de Galicia na rúa Ignacio Grobas, na cidade de Vigo.

A delegada territorial na comarca viguesa, Marta Fernández-Tapias, xunto ao xefe provincial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, José Manuel González González, e a xefa de área do IGVS, María Martínez Allegue, foi a encargada de presidir este sorteo de asignación que se celebrou na Delegación Territorial e ante notario.
A vivenda adxudicada, así como as condicións, prezo e instrucións sobre os trámites a realizar por cada adxudicatario antes da entrega das vivendas comunicaranse dende o IGVS, de forma individualizada, a cada adxudicatario. A este respecto, a representante autonómica urxiu ao Concello de Vigo que axilice a concesión da licencia de primeira ocupación que a Xunta solicitou hai seis meses, o que vai atrasar a entrega das vivendas aos inquilinos e novos propietarios.
Cada vivenda leva vinculada unha praza de garaxe e un rocho.

NÚMERO DE VIVENDAS

NÚMERO DE DORMITORIOS
SUPERFICIE ÚTIL APROXIMADA m2
2
2
72,24
25
3
83,9
4
4
107,74
2

Adaptadas para persoas con mobilidade reducida

3
90,44

 



As vivendas foron adxudicadas por lotes, en función do número de integrantes da unidade familiar, segundo se indica deseguido.


TIPO DE VIVENDA

NÚMERO DE MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

2 dormitorios

1, 2 ou 3

3 dormitorios

4 membros

4 dormitorios

5 membros ou máis

2 dormitorios (adaptadas para mobilidade reducida)

Sen límite de membros

 

Na adxudicación das vivendas adaptadas para mobilidade reducida tiveron preferencia, en primeiro lugar, aquelas persoas que precisan de cadeira para os seus desprazamentos ou dependen absolutamente de dous bastóns para deambular. En segundo lugar as persoas que tiveran acreditada unha enfermidade ou discapacidade permanente e que, polo seu desenvolvemento, fora un impedimento para desprazarse sen axuda ou que afectase notoriamente á súa mobilidade.
As vivendas adxudicáronse en réxime de alugueiro nos casos nos que os ingresos da unidade familiar non superan 1,5 veces o Iprem e en réxime de compravenda nas unidades con ingresos entre 1,5 e 2,5 veces o Iprem.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo investiu 3,4 millóns de euros na construción destas vivendas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 22/09/2021