A Xunta administrou onte un total de 6.449 doses da vacina da covid nos dispositivos de vacinación libre e nos centros sociosanitarios

Das vacinas administradas, 3.028 eran primeiras doses, 2.615 segundas, e 806 terceiras doses

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A Xunta de Galicia administrou, no día de onte, un total de 6.449 doses da vacina fronte á covid, tanto nos dispositivos establecidos para a vacinación libre como nos centros sociosanitarios. Das vacinas postas onte, 3.028 eran primeiras doses, 2.615 segundas doses e 806 terceiras doses.

Por áreas sanitarias, na da Coruña e Cee, o número de doses administradas foi de 1.039; na de Lugo, A Mariña e Monforte, un total de 704; na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 1.483; na de Pontevedra e O Salnés, 974; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 685; na área sanitaria de Vigo, 1.044; e na de Ferrol, 518.

Respecto das 3.028 primeiras doses postas no día de onte, 704 corresponden á área sanitaria da Coruña e Cee; 338 á de Lugo, A Mariña e Monforte; 416 á de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 341 á de Pontevedra e O Salnés; 383 á de Santiago e Barbanza; 567 á de Vigo; e 279 á de Ferrol.

No que atinxe ás máis de 2.600 segundas doses, 331 corresponden á área da Coruña e Cee; 316 á de Lugo, A Mariña e Monforte; 464 á de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 526 á de Pontevedra e O Salnés; 301 á de Santiago e Barbanza; 436 á de Vigo e 239 á de Ferrol.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 26/09/2021