A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada AC-524, ao seu paso polo concello de Frades

Para avanzar nos traballos é necesario o corte dun carril, regulándose o paso alternativo de tráfico polo outro

A intervención, cun investimento de preto de 50.000 euros, levarase a cabo no entorno da travesía de Abellá, entre os puntos quilométricos 8+600 e 10+350

Está previsto que os traballos no firme se desenvolvan ao longo desta semana e, posteriormente, procederase á reposición da sinalización horizontal

A Xunta continúa traballando na conservación da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou hoxe as obras de mellora do firme na estrada AC-524 ao seu paso polo concello de Frades.
Para poder avanzar na execución destas actuacións é necesario o corte dun carril, regulándose o paso alternativo de tráfico polo outro.
Está previsto que os traballos no firme se desenvolveran ao longo dunha semana e, posteriormente, levarase a cabo a reposición da sinalización horizontal, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
Esta intervención, cun investimento de preto de 50.000 euros, realizarase no entorno da travesía de Abellá, en concreto, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 8+600 e 10+350.
As obras consistirán na reparación do firme mediante a mellora da capa de rodadura en 5 centímetros de espesor nas zonas nas que se atope en mal estado.
As actuacións teñen como obxectivo resolver as deformación existentes na capa de rodadura, reforzando así a seguridade viaria nesta contorna.
A Xunta continúa traballando na conservación e mantemento da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 27/09/2021