Galicia pecha o segundo trimestre do ano sendo a 3ª Comunidade con menor endebedamento por habitante de España

Cada galego debe 2.131 euros menos que a media autonómica

O Banco de España volve situar á comunidade galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento

O endebedamento de Galicia sitúase 6,8 puntos por debaixo da media de comunidades

No segundo trimestre, a comunidade galega baixou tres décimas a ratio débeda/PIB
 

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

Galicia pechou o segundo trimestre do ano sendo a 3ª Comunidade Autónoma con menor endebedamento por habitante de España. Así, a débeda por habitante sitúase en Galicia nos 4.476 euros fronte aos 6.607 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.131 euros menos que a media autonómica.

Os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España volven situar a Galicia como a terceira comunidade de réxime común con menor endebedamento de toda España.

En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 20,1% ao peche do segundo trimestre do ano e baixou tres décimas respecto ao primeiro trimestre (20,4%). Ademais, este indicador é 6,8 puntos inferior ao da media de comunidades (26,9%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid.

Volume de débeda

O Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

A redución do endebedamento nos últimos exercicios fai que Galicia estea nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos do coronavirus e para poder seguir combatendo a pandemia, impulsar a reactivación económica e atender as necesidades das familias, pemes e autónomos.

 

 

DÉBEDA POR HABITANTE

 

 
 
2ºT 2021
1
Canarias
2.929
2
Andalucía
4.185
3
Galicia
4.476
4
Asturias
4.802
5
Extremadura
5.029
6
Madrid
5.212
7
País Vasco
5.280
8
La Rioja
5.373
9
Navarra
5.503
10
Castilla-León
5.567
11
Cantabria
6.037
 
MEDIA CC.AA.
6.607
12
Aragón
6.745
13
Murcia
7.371
14

Castilla-La Mancha

7.637
15
Baleares
7.675
16
Valencia
10.255
17
Cataluña
10.673

RATIO DE DÉBEDA/PIB POR CCAA

 

 
 

2ºT
2021

1
Canarias
15,0
2
Madrid
15,7
3
País Vasco*
16,6
4
Navarra*
18,5
5
GALICIA
20,1
6
La Rioja
20,5
7
Asturias
22,0
8
Andalucía
23,0
9
Castilla-León
23,8
10
Aragón
25,3
11
Cantabria
26,7
 
TOTAL CCAA
26,9
12
Extremadura
27,6
13
Baleares
29,7
14
Murcia
37,0
15
Cataluña
37,1
16
Castilla-La Mancha
39,2
17
Comunidad Valenciana
47,8
 
Imaxes relacionadas
Data de actualización: 30/09/2021