O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou hoxe os usuarios deste servizo lucense

Política Social salienta a atención ás persoas con alzhéimer do centro de día público autonómico de Lugo

O Goberno galego ofrece 40 prazas nestas instalacións para maiores que sofren esta doenza ou outro tipo de demencia para axudarlles a retardar o seu avance e mellorar a súas capacidades e funcións cognitivas

Lugo, 11 de outubro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón visitou esta mañá o centro de día de alzhéimer de Lugo, no que se ofertan 40 prazas para a atención de persoas que sofren algún tipo de demencia. Nel a Xunta de Galicia achega terapias e iniciativas que contribúen a retardar o seu avance.

Fernando González Abeijón salientou que neste centro lucense os profesionais traballan con diferentes tipos de actividades como pintura, manualidades, calceta, novas tecnoloxías ou música, que se adaptan á fase de enfermidade na que se atopa cada persoa para que todos activen as súas capacidades e funcións cognitivas.

Deste xeito, puxo en valor o compromiso que ten a Xunta de Galicia coa atención ás persoas con alzhéimer e as súas familias, posto que acaba de crear 14 prazas públicas no centro de día que Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer y otras demencias neurodegenerativas de Lugo (Afalu) ten no concello de Friol.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 11/10/2021