A Xunta continúa o programa de excursións dos usuarios de residencia cunha viaxe en catamarán pola Ribeira Sacra

O Saviñao (Lugo), 11 de outubro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañou os usuarios da residencia pública autonómica da Milagrosa, en Lugo, nunha excursión en catamarán pola Ribeira Sacra. Esta forma de ocio seguro púxose en marcha no mes de xullo e beneficia a arredor de 600 persoas maiores dos distintos centros da Xunta por toda a Comunidade.

O director xeral apuntou que se trata dunha boa oportunidade para que recuperen o ritmo de vida activo que caracteriza ás residencias de maiores sempre dun xeito controlado e atendendo ás medidas de prevención fronte á covid-19. Ademais da viaxe en catamarán desde o embarcadoiro de Belesar, visitaron a bodega Ecosacar.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 11/10/2021