A Xunta salienta o exemplo de superación dun cento de peregrinos con discapacidade da Fundación También

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, salientou esta mañá o exemplo de superación do preto dun cento de persoas con discapacidade que remataron hoxe o Camiño de Santiago. Os peregrinos, da Fundación También, foron recibidos na praza do Obradoiro pola representante da Consellería de Política Social.

Cristina Pichel felicitou os membros desta iniciativa e agradeceulles a demostración de esforzo e de traballo que facer día a día a través de retos como o percorrido do Camiño de Santiago. A directora xeral de Xuventude achegouse aos participantes nesta iniciativa, entre os que atopaba a xornalista Irene Villa, para transmitirlles a relevancia que estes actos teñen para todas as persoas con discapacidade.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 11/10/2021