O director da Agadic sinala a progresión anual da actividade escénica nunha xornada profesional desenvolvida no FIOT

Carballo (A Coruña), 14 de outubro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou hoxe en Carballo na xornada titulada Retos do sector escénico profesional galego fronte á postpandemia, organizada pola asociación Escena Galega no marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), onde expuxo un resumo das accións levadas a cabo pola Xunta para a reactivación escénica en Galicia e cifrou en 1380 as funcións de danza, novo circo, maxia e teatro levadas a cabo este ano co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Sutil, quen realizou un percorrido polas liñas ordinarias de subvención, as convocatorias especiais postas en marcha para facerlle fronte aos efectos da covid-19, os festivais e os circuítos culturais desenvolvidos por toda Galicia que contaron con financiamento da Xunta, explicou que a actividade resultante este ano supera en 298 funcións as contabilizadas en 2020 (que foron 1082) e marca aínda máis distancia respecto ás do ano 2019 (911 actuacións). O director da Agadic tamén se referiu á oportunidade que brinda o Bono Cultura anunciado polo Goberno galego para continuar con esta progresión no consumo de espectáculos de artes escénicas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 14/10/2021