A Xunta destaca a importancia da solidariedade na presentación da ruta de apoio á investigación do síndrome de Rett

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou no acto de presentación de “Kilómetros de investigación. Ruta de apoio á investigación do Síndrome de Rett”, que partirá de Salceda de Caselas o vindeiro luns 25 de outubro

9 moteiros percorrerán durante 5 días un total de 1.500 quilómetros en moto para recadar fondos para a investigación do síndrome de Rett, que serán doados ao Hospital San Joan de Déu, no que que se leva a cabo a nivel nacional a investigación deste síndrome

Vigo, 16 de outubro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou no acto de presentación de “Kilómetros de investigación. Ruta de apoio á investigación do Síndrome de Rett”, que partirá de Salceda de Caselas o vindeiro luns 25 de outubro, onde destacou a importancia da solidariedade e o apoio á investigación do síndrome de Rett.
Alfonso Rueda, que estivo acompañado da delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, deulle a noraboa aos 9 motoristas que farán 1.500 quilómetros en moto para recadar fondos para a investigación do síndrome de Rett, que serán doados ao Hospital San Joan de Déu, centro de referencia fai máis de 150 anos nos avances científicos máis vangardistas, e no que que se leva a cabo a nivel nacional a investigación deste síndrome.

Sairán dende Salceda de Caselas pasando por A Rúa, Bañeza, Aguilar de Campoo, Santillana del Mar, Pola de Siero, Ribadeo, Ortigueira, Betanzos, Rianxo e Lalín para chegar de volta a Salceda de Caselas o sábado 30 de outubro.

Data de actualización: 16/10/2021