As obras de mellora do firme na estrada AC-453 ao seu paso polos concellos de Ames e de Val do Dubra farán necesario un corte de tráfico a partir do luns

Este corte, que se prolongará ata o 19 de novembro, manterase durante a xornada de traballo, restablecéndose a circulación normal ao final do día

O tránsito estará permitido para os residentes e os vehículos escolares, cortándose un carril na zona de traballo e con circulación alternativa con semáforos

Os demais usuarios da estrada, incluídos os vehículos pesados, deberán adoptar un itinerario alternativo, que estará sinalizado coa necesaria antelación

A intervención forma parte dun contrato que tamén inclúe o acondicionamento das estradas AC-960 e AC-305, cun investimento global da Xunta máis de 1 M€

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2021
Compartir
  • whatsapp

As obras de mellora do firme na estrada Roxos-Portomouro (AC-453), ao seu paso polos concellos de Ames e de Val do Dubra, farán necesario un corte de tráfico a partir do vindeiro luns.

Este peche de circulación, que se prolongará ata o 19 de novembro, manterase durante a xornada de traballo, restablecéndose a circulación normal ao final do día.

Cómpre lembrar, que de modo similar ao anterior corte, o tránsito estará permitido para os residentes e os vehículos escolares. Así, para estes usuarios, cortarase un carril na zona de traballo e haberá circulación alternativa regulada con semáforos.

Os demais usuarios da estrada, incluídos os vehículos pesados, deberán adoptar un itinerario alternativo, que estará sinalizado coa necesaria antelación.

Esta intervención forma parte das obras de acondicionamento do firme en varias vías autonómicas como a AC-960, desde A Susana ata o límite con Vila de Cruces, e a AC-305 entre Padrón e Ribeira, cun investimento global da Xunta máis de 1 M€.

A Xunta continúa traballando na conservación e no mantemento da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles unhas estradas máis seguras e cómodas aos cidadáns.

Data de actualización: 16/10/2021